A Concellería de Igualdade informa da organización dun evento para o próximo venres 2 de outubro ás 20.00 horas no Casino Mugardés a cargo de Virginia Imaz Quijera, do grupo de teatro OIHULARI KLOWN, que presenta «Pronoia».
teatro clown adulto e feminista
Pauxa é unha pallasa que reflexiona sobre a violencia de xénero. Tomando ás persoas do público como cómplices e testemuñas das súas delirantes reflexións, compártenos as súas inquietudes sobre as relacións humanas en xeral e a dificultade de xestionar vínculos saudables, declarándose ao mesmo tempo unha e outra vez, optimista e pronoica.
Cunha longa traxectoria profesional, no ano 2017, Virginia Imaz Quijera, recibiu o Premio Emakunde á Igualdade, por parte do Instituto Vasco da Muller, «pola súa impecable, valente e longa traxectoria como pallasa profesional e contacontos con conciencia feminista, facendo ver as desigualdades de mulleres e homes e xerando alianzas para traballar a favor da igualdade».
A duración do espectáculo é de 90 minutos, e o aforo do espazo está limitado a 100 persoas, previa inscrición. Para inscribirse as persoas interesadas deberán chamar ao 981 470 338 -extensión #2017- ou enviar un correo electrónico a [email protected].