O goberno municipal de Mugardos segue traballando na loita contra o coronavirus, nesta ocasión ampliando as tarefas de control do cumprimento das normas de confinamiento, así como nos traballos de desinfección dos espazos públicos, ámbolos dous dispositivos coordinados desde a Concellería de Servizos. O Concello anunciou hoxe que xa está en marcha un novo dispositivo do tercio de Infantería de Marina que duplicará os efectivos desplegados para patrullar Mugardos, como reforzo do traballo que tamén está a realizar a Policía Local.
Por outra banda, os traballadores do GES de Mugardos incorpóranse ás tarefas de desinfección nas rúas que realizarán con sulfatadora, para a mellora de acceso a todos os puntos, un dos aspectos más complexos que estaba a presentar o traballo feito ata o momento co atomizador. Estas tarefas realizaranse polos traballadores do GES principalmente polas tardes, e estarán suxeitas ás condicións de traballo do propio servizo.