A tradicional Festa das Pepitas 2023 arrinca en Mugardos este sábado

A programación dará comezo este sábado 11 de marzo coa presentación da Madriña da Rondalla Mugardesa 2023 no Casino Mugardés ás 19.00 horas
Arquivo - Rondallas durante las Pepitas de Mugardos
Arquivo - Rondallas durante las Pepitas de Mugardos

Mugardos presentou hoxe o programa oficial das Pepitas 2023, que desenvolverase do 11 ao 25 de marzo. A programación dará comezo este sábado 11 de marzo coa presentación da Madriña da Rondalla Mugardesa 2023 no Casino Mugardés ás 19.00 horas. O domingo desde as 12.00 horas presentarase a Madriña da Rondalla Mugardesa 2023 no balcón do Concello de Mugardos, e a continuación a propia Rondalla Mugardesa rondara pola vila e o Cantón de Cora en homenaxe ás madriñas.

Xa o venres 24 a partir das 19.00 horas, terá lugar a ronda polo Seixo da Rondalla Mugardesa. O prato forte das Pepitas 2023 chegará o sábado 25 de marzo co Certame de Rondallas, presentado este ano por Anabel Bello Platas. O programa comenzará ás 17.00 horas coa concentración de rondallas no peirao, a continuación ás 17,30 horas terá lugar o desfile ata o Casino Mugardés, onde as actuacións arrancarán as 18.30 horas.

As Rondallas participantes por orden de actuación serán as seguintes: Rondalla Bohemios, Rondalla Añoranzas, Rondalla Club de Campo, Rondalla aresana Os Trovadores, Rondalla Só Elas, Rondalla Sonidos del Alba, Rondalla Lucero del Alba, Rondalla O Son do Mar, e  pechará a Rondalla Mugardesa.

 

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.