As queimas e as altas temperaturas disparan as intervencións dos bombeiros

Pequenos incendios forestais e algunhas fogatas caseiras son as principais causas das actuacións do GES de Mugardos nas últimas xornadas
97175484_1710083965834575_5870926401904836608_n

A volta á nova normalidade está dando especial traballo aos bombeiros das comarcas de Ferrolterra, que viron como se disparaban as súas intervencións nos últimos días debido, principalmente, ao levantamento da prohibición para a queima de rastroxos e ás altas temperaturas dos últimos días.

O GES de Mugardos tivo que intervir a primeira hora desta tarde por un lume forestal na zona de Marraxón, no concello de Fene, que obrigou a desprazar dúas motobombas e 3 bombeiros do grupo de emerxencias, ademáis dun axente forestal. Tamén en Fene, neste caso en Limodre, actuaron fai dous días, noutro incendio forestal no que participou unha cuadrilla e dous motobombas.

A principios desta semana, tamén se atenderon outros dous lumes forestais na parroquia de Lubre, en Ares, e na de Peizás, en A Capela. E a pasada semana na zona do Sartego, en Fene, o GES de Mugardos e os Bombeiros de Ferrol actuaron unha queima incontrolada e outra en Mugardos.

Os axentes solicitan á veciñanza que extremen as precaucións coas queimas de rastroxos e que non deixen nada susceptible de combustión nas saídas ao monte, xa que as altas temperaturas destes días están a ser un vector fundamental para provocar estes lumes.

 

 

 

 

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.