Axudas para os agasallos de Nadal nas familias máis desfavorecidas de Mugardos

O Concello destina unha inversión de 3.500 euros para mercar xoguetes ou material deportivo
p1b3etpq2d7mn1mqd1vh31ba8pha4

A concelleira de Benestar de Mugardos, Ana Varela, anunciou hoxe a apertura do prazo de presentación de solicitudes para as axudas para mercar xoguetes de Nadal, que este ano teñen un orzamento total de 3.500 euros. As axudas poden destinarse a cubrir os gastos derivados da adquisición de agasallos para o Nadal 2020, tales como, xoguetes, xogos educativos, libros, ou material necesario para práctica dalgunha das actividades culturais e deportivas (patíns, equipamento para natación, instrumento musical).

As axudas consistirán na concesión dun vale cun importe total que dependerá do número de fillos da unidade familiar, e que vai dos 50 euros no caso de ter un fillo ata os 240 euros no caso de 6 fillos. Os requisitos xerais para ter acceso a estas axudas son residir en Mugardos, ter fillos menores de 13 anos (a 6 de xaneiro de 2021) e ter ingresos inferiores ao 80% do IPREM na unidade familiar. As solicitudes deberanse presentar no rexistro xeral do concello de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través da sede electrónica do concello 

A concelleira anunciou tamén que desde o seu departamento xa se está a traballar na reformulación destas axudas o próximo ano para adaptalas ás novas necesidades e requerimentos dos solicitantes “Este ano non foi posible ampliar a contía das axudas pola falta de novos orzamentos aprobados antes da apertura das solicitudes, pero para o próximo ano, esperamos ampliar a partida para poder ampliar o número e o importe das mesmas”

Así mesmo, Ana Varela informou da intención de “ampliar o importe das axudas por fillo e permitir o fraccionamento das axudas para que as familias poidan adquirir os agasallos adaptándoos mellor aos desexos e afeccións dos nenos e nenas”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.