Detidos dous homes cando intentaban perpetrar unha estafa en Mugardos

Os investigados facían pasarse por traballadores do Ministerio de Cultura e pretendían cobrarlle a un veciño unha débeda de 3.300 euros
Policia Local

A Policía Local de Mugardos identificou e puxo a disposición xudicial a dous individuos, que facendo uso dun logotipo do Ministerio de Cultura, pretendían estafar 3.300 euros a un veciño de Rilo. Os feitos ocorreron sobre as 11.30 horas de hoxe cando os estafadores personáronse no domicilio do veciño G.P.A. esixíndolle o pago da citada cantidade para cancelar unha débeda pendente e así poder cancelar os seus datos de carácter persoal.

Desde a Policía Local lembran á veciñanza que a cancelación ou oposición aos dereitos de datos de carácter persoal non supoñen nunca o pago de ninguna cantidade de cartos. Os individuos, con domicilio en Málaga e Coirós, teñen numerosos antecedentes e foron postos xa a disposición xudicial.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.