Mugardos abre unha liña directa de axudas para os comedores escolares

Poderán beneficiarse das axudas os usuarios dos comedores de Unión Mugardesa, Santiago Apóstol e Escola Infantil “As Lagoas”.
1584879908_778512_1584882845_noticia_normal

A Concellería de Benestar do Concello de Mugardos vén de aprobar por procedemento de urxencia unha liña de axudas directas para os usuarios e usuarias dos comedores escolares municipais que, debido á declaración do estado de alarma e a suspensión do servizo, puideran verse perxudicados. O importe do menú do comedor escolar municipal é bonificado polo Concello para moitos dos usuarios, que dependendo da situación económica poden ter ata un 100% de bonificación.

As axudas económicas consistirán na emisión dun vale polo importe total que o Concello tería abonado por cada usuario do comedor desde que o servizo se suspendeu o 16 de marzo.

Poderán solicitar a axuda aqueles que tiveran a condición de comensais tanto no comedor de Unión Mugardesa como no de Santiago Apóstol, e da Escola Infantil “As Lagoas”, e cuia renta sexa igual ou inferior ao 150% do IPREM. As familias con rendas inferiores ao 100% do IPREM recibirán 2,5 € por día, e as que teñan entre o 100% e o 150% do IPREM recibirán 1,5€ por día.

As axudas poderán solicitarse a través da sede electrónica do concello ou no caso de non dispoñer de certificado dixital, a través do correo [email protected]. Nese correo poderá achegarse cuberta e asinada a instancia de solicitude, así como a documentación requirida, dependendo das circunstancias persoais do solicitante.

O prazo para presentar as solicitudes comeza mañá sábado 18 e remata o próximo mércores 22 de abril.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.