Mugardos adhírese ao Pacto dos Alcaldes contra o cambio climático

Ademais o pleno aprobou a posta en marcha dun proxecto de faixas secundarias para a xestión da biomasa e contra a prevención de incendios
image_gallery (12)

O Pleno da corporación celebrado o pasado mércores deu luz verde á adhesión do Concello de Mugardos ao Pacto dos Alcaldes e a posta en marcha da tramitación do proxecto de faixas secundarias, ámbolos dous puntos saíron adiante por unanimidade.

A aprobación inicial do proxecto de faixas secundarias é un paso máis no compromiso do goberno co medio ambiente traballando para a prevención de incendios forestais na procura do interese público da seguridade de persoas e de bens, así como na xestión da biomasa das parcelas incluídas nas faixas secundarias.

Este proxecto conta co visto bo tanto da Consellería de Medio Rural como da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga). Nos próximos días, o proxecto iniciará a tramitación de exposición pública durante 15 días hábiles para a consulta pola veciñanza e presentación de alegacións.

Por outra banda, o Pacto dos Alcaldes é un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais a través do cal asúmese o compromiso por parte das administracións de traballar na mellora da eficiencia enerxética, e reducir as emisións de CO2.

Os concellos son administracións crave para frear o cambio climático e a participación no Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía é unha oportunidade para que Mugardos impulse o seu compromiso nesta material.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.