Mugardos amplia o prazo de solicitudes para a Escola Infantil Municipal As Lagoas

Reanúdase ademáis a atención presencial no rexistro municipal a partir do próximo luns

A Concellería de Benestar de Mugardos informou da ampliación do prazo de solicitudes da EIM As Lagoas ata o 8 de xuño de 2020.

Logo de que o prazo para solicitar praza para o curso 2020-2021 fose reaberto o pasado 18 de maio (tralo parón nas tramitacións administrativas que supuxo o estado de alarma), e atendidas as dificultades trasladadas polas familias na presentación electrónica da solicitude da Escola Infantil, o goberno municipal acordou a ampliación do prazo e a apertura para a atención presencial do rexistro municipal exclusivamente con cita previa, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Para solicitar cita previa no rexistro, as persoas interesadas deberán chamar ao 981 470 338 extensión #2027.

Salir de la versión móvil