Mugardos aproba tres proxectos urbanísticos con cargo ao POS+ por 290.000 euros

Tamén aprobouse unha partida de máis de 90.000 euros para o pago de débedas e gasto corrente

O goberno municipal mugardés presentou ao pleno da corporación os proxectos do Plan de Obras e Servizos (POS+ 2020) que inclúen 3 actuacións cun importe total de preto de 290.000 euros. Son a remodelación do parque infantil nas inmediacións da urbanización do Pazo das Condesas, a creación dunha nova área de aparcamento e mellora da accesibilidade na zona do Colexio Loyola e mellora dos camiños municipais no Coruto, Igrexa de Franza, Lodairo e Galiñeiro. Do mesmo xeito, a proposta inclúe aplicar máis de 90.000 euros da subvención ao pago de débedas e gasto corrente.

A proposta foi aprobada cos votos a favor de PP, PSOE E EU, e a abstención do BNG. As actuacións no parque da urbanización do Baño consistirán na instalación dunha pista multideporte perimetrada e dun parque infantil cun castillo xigante de máis de 18 metros de lonxitude, cunha inversión total segundo o proxecto técnico redactado de 100.880,91 euros.

O arranxo e asfaltado dos camiños municipais consistirá nunha actuación por parroquia, e concretamente en zonas que padecen na actualidade problemas por firmes moi defectuosos, así como unha intervención máis profunda na zona do Galiñeiro por tratarse dun espazo no que coa caída de chuvias incluso febles os veciños e veciñas están a sufrir importantes inundacións. O importe total das actuacións na mellora de camiños ascenderá a 119.320,80 euros

A actuación na contorna do Colexio CPR Loyola por importe de 69.538,31 euros consistirá na habilitación dun espazo para aparcamento e na mellora da accesibilidade peonil. Esta obra encádrase dentro dun programa integral de movilidade que o goberno municipal desenvolverá nas contornas dos centros educativos, para a mellora da seguridade especialmente nos horarios de entrada e saída dos rapaces e rapazas.

Debido á situación económica do Concello, o goberno municipal viuse na obriga de destinar parte da subvención concedida pola de Deputación para o pago de facturas pendentes a proveedores por 68.060,98 euros, e para o financiamento de gasto corrente por un total de 22.753,40 euros. “Estos máis de 90.000 euros non pudieron destinarse ao financiamento de obras pois de facelo así, o Concello de Mugardos correría o risco de perder toda a subvención por incumprimento das bases aprobadas pola Deputación e que rixen esta convocatoria”, explicaron dende o goberno local.

 

Salir de la versión móvil