Mugardos asesorará aos hosteleiros na instalación das terrazas

O obxectivo é facer cumprimir a normativa e evitar posibles sancións
tino_img104408t0

A Concellería de Urbanismo de Mugardo porá en marcha un servizo de supervisión de terrazas para todos os hostaleiros e hostaleiras do municipio que o desexen, co obxectivo de colaborar e supervisar a instalación das terrazas na reapertura dos negocios.

O responsable de urbanismo e alcalde Juan Domingo de Deus, informa de que esta é unha máis das iniciativas desenvolvidas conxuntamente coa hostalaría, coa que este goberno municipal está a colaborar activamente na procura do mantemento da actividade económica e os empregos neste sector.

Nesta nova iniciativa, o departamento de urbanismo asesorará aos hostaleiros e hostaleiras tanto na lexislación aplicable como nas medidas que poderían adoptar para a correcta instalación das terrazas e evitar así posibles multas ou sancións. Os interesados deberán chamar ao teléfono do departamento de urbanismo 981 470 338 (extensión #2026) de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

En colaboración cos departamentos de Obras e Servizos e o de Desenvolvemento e Emprego, xa se desenvolveu por parte do Concello un plan de ampliación de espazos públicos habilitados para a instalación de terrazas, incluso acudindo a otras administracións, así como a preparación dunha liña de axudas que permita afrontar as perdas derivadas do estado de alarma.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.