Mugardos comeza o reparto de cubrebocas reutilizables que enviará a domicilio

Os interesados en recibilos nos seus domicilios deben poñerse en contacto co concello a través de correo electrónico ou teléfono
Reparto cubrebocas

A Concellería de Servizos Sociais de Mugardos iniciou no día de hoxe o repartode cubrebocas reutilizables entre a veciñanza. Un material que foi confeccionado por máis de 40 voluntarios e voluntarias durante as últimas semanas. Trátase de cubrebocas reutilizables de diferentes tamaños segundo a idade, e que as persoas interesadas deben solicitar no propio concello. Unha vez solicitados, recibiranse no domicilio de xeito totalmente gratuíto.

O Concello habilitou un correo electrónico para que se fagan as solicitudes e esta é a canle prioritaria. Os interesados e interesadas deberán enviar o correo a [email protected] indicando a súa dirección, e número de adultos menores de 70 anos e número de neno (coa as súas idades) que hai no domicilio. Aqueles que non poidan enviar un correo electrónico, deberán chamar ao 981 470 338 (extensión #2028) de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.