Mugardos entregará placas conmemorativas aos veciños centearios

A pasada semana celebrouse unha homenaxe a unha veciña da vila e decidiuse consolidar estes actos

O goberno municipal de Mugardos anunciou que realizará unha homenaxe aos veciños e veciñas que chegan aos 100 anos, coa entrega dunha placa e unha pequena celebración. A iniciativa decidiuse consolidar logo do éxito da homenaxe a pasada semana do centenario da veciña Esperanza Rabina Yáñez á que o alcalde e a concelleira de Benestar visitaron para trasladarlle as felicitacións de toda a corporación municipal e facerlle entrega dunha placa conmemorativa do aniversario e dun ramo de flores.

No mes de marzo xa se fixera unha homenaxe similar a Juana Dopico Gandoy veciña do Seixo que cumprira 106 anos, a mugardesa máis lonxeva. Por isto, o goberno municipal acordou que as familias que desexen que desde a concellería se organice esta pequena visita-homenaxe ao veciños e veciñas centenarios, poden poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais chamando por teléfono ao 981 470 290 (extensión #2017) ou a través do correo electrónico da concelleira ana.varela@mugardos.gal

A concelleira subliñou o emotivo destes actos sinxelos e entrañables tanto para os maiores como para as súas familias, e por suposto para os propios membros do goberno “Non podemos deixar pasar a oportunidade de pór en valor ás personas que co seu traballo e a súa loita nos trouxeron ata aquí. Homes e mulleres que sacaron adiante as súas familias e que hoxe merecen celebrar por todo o alto que teñen un século de experiencia, pero sobre todo teñen o noso cariño e respecto”.

Salir de la versión móvil