Mugardos inxectou 1,7 millóns de euros de liquidez aos proveedores en seis meses

No próximo pleno volverá a tramitarse unha nova modifición de crédito para facer fronte ás débedas con pemes e autónomos

A Concellería de Facenda e Persoal de Mugardos anunciou onte a tramitación dun novo recoñecemento extraxudicial de crédito para a súa aprobación no próximo pleno ordinario previsto para o día 29 deste mes, e que permitirá a posta ao día das débedas con pemes e autónomos aos que o Concello debía máis de 1.710.000 euros.

“No mes de xuño teremos recoñecidas, aprobadas e pagadas todas as débedas cos provedores particulares que tiña o Concello de Mugardos cando chegamos ao goberno”, explicou o responsable da Concellería de Facenda, Miguel Mahía.

Desde o departamento informan de que nestes momentos seguen traballando en 3 eixes fundamentais: modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) municipal que permita dotar de maior flexibilidade á plantilla e adaptala ás necesidades reais do traballo, os orzamentos deste 2020 e o Plan Económico Financieiro (PEF) ao que a administración local viuse abocada polos incumprimentos económicos dos últimos anos.

Desde o goberno local explicaron que “os orzamentos de 2020 permitirían pagar este ano débedas pendentes de pago que o Concello de Mugardos ten desde fai anos, como os 320.000 euros adebedados ao Concello de Ares, os 40.000 euros pendentes de pago a EMAFESA e 120.000 euros en concepto de horas extraordinarias pendentes aos traballadores municipais. Ademáis, a pandemia do COVID-19 require inversións importantes en canto a urbanismo, obras, maquinaria ou asistencia social que podería afrontarse xa este mesmo ano” sinalou Mahía.

Salir de la versión móvil