O Concello de Mugardos recibirá unha subvención de 195.000 euros procedentes de fondos FEDER, que complementados cos 40.000 euros que aportará de fondos propios, permitirá a acometida da segunda fase de renovación do alumeado público, neste caso, no núcleo do Seixo. Nas próximas semanas sacarase a concurso a licitación, e a intención do goberno local é acometer esta actuación no que queda de 2020.
Esta segunda fase consistirá na substitución das luminarias por novos sistemas de alumeado LED, máis eficientes e con mellores prestacións lumínicas en toda a zona do Seixo, a excepción da Avenida do Seixo xa incluida na primeira fase.Esta primeira fase estase a desenvolver na actualidade no núcleo urbán de Mugardos, traballos que avanzan a bo ritmo tras a chegada do material que superou a corentena á que estaba sometido.
Nestes días, localizáronse algúns puntos de luz que non foran incluidos na redacción do proxecto, pero desde a Concellería de Obras e Servizos iniciáronse conversas coa empresa e o enxeñeiro para darlle unha solución, e finalmente eses puntos tamén serán substituidos.