A Concellería de Servizos, Obras e Medio Ambiente reforzou as tarefas de limpeza durante a tempada estival coa contratación de persoal que permitirá chegar ata os 25 entre técnicos e operarios, destinados en exclusiva á limpeza de rúas, camiños, cunetas e espazos públicos.
En concreto, aos 6 membros da plantilla municipal uniranse 2 tractores dunha empresa contratada así como un operario manual tamén da empresa, unha persoa asignada a través da subvención APROL RURAL, 4 persoas a través da subvención do PEL (Plan de emprego local), un técnico de Medioambiente por subvención da Consellería de Medio Ambiente, 5 persoas a través da subvención de limpeza de praias e 5 membros para a brigada contraincendios.
Tras case 2 meses sen poder levar a cabo as tarefas de limpeza o estado dalgunhas zonas está moito máis descontrolado que habitualmente, polo que as tarefas serán máis complexas e levarán máis tempo, explicaron desde o Concello.
Limpeza do rio Baa
Ademáis, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Baa, ao seu paso polo concello de Mugardos.
Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo duns 400 metros de lonxitude, que coincide co percorrido do río polo lugar de Boado, na parroquia de Franza (Santiago). As principais tarefas consisten na retirada de árbores e de madeira morta na canle do río e, puntualmente, tarefas de roza selectiva no ancho da canle.