Mugardos repartirá pantallas protectoras a tódolos veciños

O Concello fíxose cunha partida de 6.300 unidades que repartirá a partir de mañá entre a poboación
Máscaras 2

O Alcalde Juan Domingo de Deus confirmou hoxe a recepción no Concello do pedido realizado polo goberno de 6.300 pantallas protectoras para o reparto entre a poboación de Mugardos a partir de mañá mércores. O pedido realizaouse logo de atopar un proveedor de garantías para o Concello, que xa está inmerso na montaxe e preparación das pantallas para o seu reparto nos domicilios, que realizarán a Policía Local, Voluntarios de Protección Civil e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).

As pantallas que se entregarán son totalmente adaptables e aptas para todas as persoas e idades, así como reutilizables, e cunha limpeza desinfectante con auga e xabón, ou con alcol de máis de 70 grados poden volver a usarse.

O Alcalde sinalou que “o goberno traballa desde fai semanas no intento de protexer a todo o mundo. Estas pantallas pedíronse e por fin son unha realidade. Xa temos distribuido pantallas entre o persoal de servizos esenciais e os traballadores dos establecementos que seguen abertos. Agora podemos seguir avanzando na protección de todos os veciños e veciñas con estas pantallas”.

Desde o Concello, lémbrase que a máscara é un elemento complementario de protección e que en ningún caso debe sustiturir o uso de mascarillas e luvas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.