O alcalde Mugardos, Juan Domingo de Deus, fixo onte un chamamento á calma ante o caso de Coronavirus detectado a un veciño da vila. O rexidor explicou que existe un caso positivo en Mugardos, pero que o rapaz atópase aillado e controlado constantemente polas autoridades sanitarias.
De Deus asegurou que non existen máis casos oficiais na vila, tal e como lle confirmaron dende a consellería de Sanidade e explicou que de formalizarse algún novo infectado por Coronavirus, o Concello informará aos veciños “con total transparencia”. Deste xeito pediu calma ante os rumores de que alguén da escola infantil ou un funcionario do Concello estivese infectado, destobanto estes bulos.