O castelo de A Palma reabre a súas portas aos visitantes

A zona das cubertas, a capela ou a famosa celda de Tejero estarán accesibles ao público
BS005-Castelo-da-Palma-Mugardos-F-1

O Concello de Mugardos informou de que xa está aberta a axenda de reservas para a as visitas ao Castelo da Palma a partir desta fin de semana. As zonas do Castelo accesibles ás visitas serán as cubertas, a capilla e algún outro elemento de interese como a celda de Tejero, e o concello habilitou catro quendas para a realización das visitas que son os venres e sábados de 19.00 a 20.30 horas, e os sábados e domingos de 10.30 a 12.00 horas.

Desde a concellería informan de que o aforo máximo para a visita do castelo é de 20 persoas (nenos e nenas incluidos), que o uso de xel desinfectante á entrada do castelo será obrigatorio para todos os visitantes, o mesmo que o uso de máscara facial é obrigatorio durante toda a visita.

As persoas ou grupos interesados en reservar poderán facelo a través da oficina de información turística municipal, coa que pode contactarse presencialmente, a través do teléfono 630 885 761 ou polo correo [email protected] O horario de atención ao público da oficina de información turística municipal na quenda de mañá é mércores, xoves e venres de 11.00 a 14.30 horas, e sábados e domingos de 12.30 a 14.00 horas. A quenda de tarde pola súa banda é martes, mércores e xoves de 16.30 a 20.30 horas, e venres e sábados de 16.30 a 18.30 horas.

O Castelo da Palma inicialmente, concebido para tarefas de vixiancia, tivo como derradeira función a de cárcere militar. Ainda que a orixe da construcción remóntase a finais do século XVI, a fortificación militar actual, declarada Ben de Interese Cultural, levantouse a finais do século XIX.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.