O goberno de Mugardos renova e aumenta o equipamento de escalada do GES

Nas primeiras semanas de 2021 adquirirase tamén unha cámara térmica e máis material antiincendios
GES

A Concellería de Persoal de Ferrol informou da tramitación de adquisición de material de seguridade para os traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) trala revisión do material. O edil da área, Miguel Mahía, expuxo hoxe que logo revisión por parte de empresas especializadas dos equipos anticaída e dos equipos de respiración autónoma, aprobouse a adquisición de novo material que por un lado supón unha renovación do xa existente, e por outro suporá unha ampliación e mellora na prestación dos servizos e na seguridade dos traballadores pola adquisición de novo material.

“Este goberno xa ten demostrado moitas veces o seu compromiso con Grupo de Emerxencias Supramunicipais. Para nós, é un servicio básico que mellora a calidade de vida e a seguridade dos mugardeses e mugardesas” afirmou Mahía.

“O servizo que prestaron os traballadores do GES durante o confinamento foi impresionante, e o que seguen a facer hoxe tamén. Aínda hoxe, seguen colaborando por exemplo na desinfección dos parques infantís, o que permite ter abertos estes espazos coa máxima seguridade para os máis pequenos” engadiu o concelleiro que confirmou que nas primeiras semanas de 2021 adquirirase tamén unha cámara térmica, material de intervención que suporá unha gran mellora para o traballo a desenvolver en situacións de altas temperaturas e fumes como os incendios.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.