O POS Social da Deputación incorporará máis de 23.500 euros ao Concello de Mugardos

O obxectivo da aportación provincial é o financiamento dos gastos sociais extraordinarios derivados do COVID-19
Máscaras 2

O Concello de Mugardos aprobou levar ao pleno a aportación do “POS Social”, o POS+ adicional 1/2020 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios derivados do Covid-19 posto en marcha pola Deputación Provincial. O goberno local espera que saia adiante coa unanimidade de tódolos grupos.

Segundo explicou a concelleira responsable do departamento, Ana Varela, a proposta aprobada incorporará ao orzamento municipal 23.581,28 euros para o financiamento dos gastos sociais extraordinarios derivados do COVID-19: 14.550,00 euros para a adquisición de medios de prevención (EPIs) para o persoal municipal de atención social, 20.000,00 euros para a ampliación da dotación das partidas destinadas a garantir ingresos suficientes ás familias e 8.450,00 euros para outros gastos imprescindibles e urxentes para atender ás persoas especialmente vulnerables con motivo desta crise.

“Este plan de axudas provincial permitirá duplicar as axudas sociais municipais directas a veciños e veciñas que se viran especialmente afectados pola crise do COVID. Agora máis que nunca, os concellos teñen que estar á altura das circunstancias, e ser a man que os veciños e veciñas necesitan para non caer na exclusión social por mor desta crise, e estas axudas serán unha excelente ferramenta”.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.