Os maiores de 70 anos de Mugardos recibirán máscaras reutilizables por correo

A concellería de Benestar Social comezou hoxe a realizar o reparto a través da empresa pública Correos
Reparto mascarillas mayores 70

A Concellería de Benestar Social de Mugardos iniciou hoxe o reparto de máscaras reutilizables con filtro entre os e as maiores de 70 anos domiciliados no municipio, que serán entregadas pola empresa pública Correos e recibiranse directamente nas caixas de correos das vivendas.

A concelleira Ana Varela quixo destacar “a solidariedade e o gran traballo que están a realizar os máis de 40 voluntarios e voluntarias que confeccionaron os cubrebocas e que seguen traballando para poder proporcionar material para toda a veciñanza”.

Desde a concellería lembran a tódolos veciños e veciñas que necesiten axuda, que Protección Civil e os voluntarios e voluntarias coordinados polo concello están á súa disposición para a realización de tarefas como ir á compra, á farmacia ou outro tipo de xestións. Para facer uso deste servizo as persoas interesadas poden chamar aos servizos sociais municipais (981 470 338).

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.