Portos de Galicia investirá 370.000 en proxectos de mellora en cinco peiraos das comarcas

Os traballos nos portos de Ares, Barallobre, Mugardos, Cedeira e Cariño consistirán en ampliacións de pantaláns, reforzos de abrigos ou novas zonas de amarre

Portos de Galicia vén de licitar varios proxectos de obra para diversas actuacións en varios portos das comarcas de Ferrol e Ortegal nos que se investirán preto de 370.000 euros. Deste xeito avánzase na tramitación de sete obras que darán resposta ás necesidades dos usuarios dos portos e que foron trasladadas polo sector ao ente público.

En Barallobre levarase a cabo a remodelación do abrigado das instalacións de amarre no porto, para o cal deseñarase unha solución para mellorar a fiabilidade do sistema de barreiras flotantes existente. Contará cunha inversión de 25.227 euros. En Mugardos ampliaranse os amarres da zona portuaria, aumentando a capacidade de atraque de embarcacións mediante a ampliación do pantaláns. Estes traballos orzaméntanse en case 26.000 euros.

No peirao de Ares tamén vanse ampliar os amarres deportivos coa construcción de novos pantaláns. Para realizar este traballo consideraranse distintas configuracións de pantaláns e a posibilidade de aumentar o abrigo. Igualmente considerase neceario avaliar unha posible mellora do comportamento do porto fronte á onda longa. Serán algo máis de 56.645 euros o que invita Portos de Galicia neste proxecto.

En Cedeira vanse realizar dous proxcetos. Por un lado vanse reforzar varios taludes no porto, buscando unha solución para a estabilización dos noiros. E tamén vaise mellorar a zona de abrigo do peirao e vanse crear novos amarres mediante a ampliación de pantaláns. Serán máis de 120.700 euros os que se invistan nestas obras.

Por un último, en Cariño farase a maior inversión, reforzando o dique de abrigo do porto, que se atopa en mal estado polos desperfectos sufridos nos últimos temporais, o cal suporá un investimento de maís de 44.500 euros. O peirao tamén verá ampliada a súa zona de atraque comercial, de xeito que se poida aumentar a eslora do buque tipo que emprega a aliñación exterior de este peirao. Este proxecto está orzamentado en 96.340 euros.

Salir de la versión móvil