Reganosa impulsará un proxecto pioneiro para a producción de hidróxeno destinado á industria e o transporte

A planta produciría 5.100 toneladas anuais de hidróxeno que poderían abastecer unha frota de 630 camións

Reganosa podería liderar un dos proxectos contemplados na folla de ruta do Ministerio de Transición Ecolóxica na súa aposta por impulsar hidróxeno renovable de cara á descarbonización da economía en 2050. A infraestructura da empresa gaseira ubicada en Mugardos e a súa experiencia no almacenaxe, transporte e transformación do gas natural licuado, a posicionan como a perfecta candidata para albergar este proxecto enerxético no norte de España.

O de Reganosa será só un dos máis de 20 proxectos asociados á industria manufactureira que son susceptibles de participar na iniciativa Proxectos Importantes de Interés Común Europeo (IPCEI) de hidróxeno verde, coa finalidade de apoiar a cadea de valor industrial promovida pola Comisión Europea. Segundo consta no documento do Ministerio de Transición Ecolóxica, o de Mugardos estaría catalogado como un ” proxecto de produción de hidróxeno renovable a escala industrial destinado ao seu uso como materia prima industrial e mobilidade”. Consistiría na creación dun hub escalable de produción e transporte hidróxeno renovable en Galicia descarbonizando os principais usos do hidróxeno na industria e favorecendo a súa penetración na mobilidade.

A planta de hidróxeno sería, cunha potencia de 50 megawatios, a máis grande de Europa. Dado que para a súa produción -para partir da auga- utilízase a electrolisis e o consumo de electricidade supón o 50% dos custos, recorreríase aos excedentes da enerxía renovable que se produce en Galicia. Con esta planta produciríanse 5.100 toneladas anuais de hidróxeno que poderían abastecer unha frota de 630 camións de pila de combustible durante un ano e reducir as emisións equivalentes a plantar máis de 2 millóns de árbores.

Con esta iniciativa, Galicia ten unha oportunidade para posicionarse na xeración de hidróxeno verde como combustible ecolóxico e factor de competitividade para o tecido industrial galego, ademais de impulsar a descarbonización.

Máis verde

O hidróxeno renovable posiciónase como un dos principais vectores enerxéticos no longo prazo debido a que a súa produción e consumo é neutral climáticamente e non xera emisións contaminantes. A diferenza doutras fontes enerxéticas renovables, o hidróxeno ten a capacidade de ser almacenado, como gas a presión ou en estado líquido, o que permite un maior grao de xestionabilidade.

Salir de la versión móvil