Rouban 300 metros de cable de cobre do alumeado público de Mugardos

Policía Local e Garda Civil traballan conxuntamente nunha investigación que se atopa xa moi avanzada
Policia Local

O pasado xoves pola mañá a Policía Local de Mugardos comunicou o roubo de aproximadamente 300 metros de cableado na zona da Barca. Nestes momentos, as investigacións conxuntas de Garda Civil e Policía Local están moi avanzadas, e grazas á colaboración cidadá trabállase xa con unha liña clara para a resolución do caso.

Desde a Concellería de Servizos infórmase á veciñanza que xa se está a sustituir o cableado roubado “Temos claro que o motivo do roubo é o cobre, polo que estamos a sustituir o material roubado por cableado con aluminio para evitar o interese dos amigos do alleo” sinalou o concelleiro Jorge Kuntz, quen quixo destacar a importancia da colaboración entre os corpos e forzas de seguridade e a veciñanza para facer de Mugardos un lugar máis seguro e tranquilo para todos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.