Un novo acto vandálico en Mugardos deixa danos materiais no parque do Seixo

Unha barandilla de madeira situada á carón do río foi atopada o pasado mércores completamente rota, e a pesar do mal estado xeral do varado crese que foi intencionado
Barandilla O Seixo 2

A Concellería de Obras de Mugardos procederá nos vindeiros días á contratación dunha empresa para o arranxo dos danos ocasionados nun novo acto de vandalismo, nesta ocasión no parque do Seixo. Os feitos ocorreron o mércores 12 da pasada semana, e hoxe luns 17 de agosto xa foi recibido o orzamento para levar a cabo o arranxo dos danos.

A reparación a realizar consistirá da sustitución de 10 metros lineais de barandilla de madeira que rodea o río do parque. Pola súa banda Jorge Kuntz, responsable do departamento de obras, lamentou que «o estado xeral da varanda é malo xa que, unha vez máis, faltou mantemento durante anos. Ese é o motivo de que se teñan que sustituir tantos metros da estrutura». Porén, o desgaste do varado non é ningunha excusa para pasar por alto os actos vandálicos que contribuiron á súa destrución, supoñendo un gran perigo para calquera viandante da zona.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.