Narón abre o prazo para subvencionar os clubs e entidades deportivas locais

Unha partida total de 85.000 euros irá destinada para todas aquelas institucións deportivas sen ánimo de lucro que pretendan fomentar o deporte municipal
107827018_2683425275248194_2931039359088380750_o

O Concello de Narón abriu o prazo de solicitude de subvencións a clubs e entidades deportivas pertencentes ao municipio neste exercicio de 2020, tendo como data límite para inscribirse ata o 19 de setembro. Os clubs e entidades deportivas locais interesados en acollerse a elas deberán cumprir os requisitos establecidos na Ordenanza municipal reguladora da concesión de subvencións e axudas públicas do Concello de Narón -publicada no BOP nº 2 do 3 de xaneiro de 2018-.

O concelleiro de Deportes, José Oreona, indicou que a partida reservada para estas subvencións é de 85.000 euros. Esta liña de subvencións diríxese a clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro e ten entre os seus obxectivos contribuír ao desenvolvemento das súas actividades no ámbito municipal. As subvencións poden solicitarse a través do Rexistro municipal do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30 ou da Sede Electrónica.

A documentación ao completo, así como o impreso de solicitude pode consultarse a través da páxina web do Padroado de Deportes de Narón, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/subvencions-deportivas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.