Narón axudará a todos os veciños que o necesiten a solicita o Ingreso Mínimo Vital

Esta iniciativa municipal estará disponible desde hoxe 3 de agosto ata o 30 de setembro, e haberá dous graduados en Educación Social dispostos a asesorar
naron

A través da concellería de Benestar Social o Concello de Narón porá en marcha dende hoxe 3 de agosto ate o día 30 de setembro un servizo de axuda para as veciñas e veciños -empadroados en Narón- que precisen realizar solicitudes para acadar o Ingreso Mínimo Vital.

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, informou de que haberá duas persoas graduadas en Educación Social que levarán a cabo o servizo de información, asesoramento e orientación nos trámites de solicitude para as peticións que así o demanden, xa que estas poden supoñer algunhas posibles dificultades de manexo nas cuestións telemáticas ou de interpretación e sobre todo en persoas maiores. Esta axuda está aberta para toda calquera interesado en cumplimentar as solicitudes pertinentes.

O servizo levarase a cabo no edificio municipal da Casa da Mocidade, na Gándara, en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas e os martes de 16.00 a 21.00 horas, con cita previa chamando ao teléfono 622155806 ou a través do correo electrónico [email protected]

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.