Narón iluminará de cor vermella o Pazo da Cultura e a glorieta de Freixeiro polo Día Mundial do Corazón

Do 28 ao 29 de setembro ambos espazos municipais brillarán con luz propia para sensibilizar á poboación sobre a problemática cardiovascular
71196216_2401704480086943_2807861296693772288_o

O Concello sumarase o vindeiro día 29 aos actos conmemorativos do Día Mundial do Corazón iluminando de cor vermella na noite do 28 ao 29 o edificio do Pazo da Cultura e a glorieta de Freixeiro. O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego e o presidente da Asociación Amigos del Corazón -Amicor-, Carlos Piñeiro, deron a coñecer esta mañá no Concello a iniciativa.

O goberno local naronés programaba cada ano a gala «Mulleres en Vermello», para conmemorar esta data, se ben nesta ocasión debido á pandemia da Covid-19 se optou por iluminar de vermello o Pazo e a rotonda de Freixeiro.

Utiliza o corazón

«Utiliza o corazón» é o lema deste ano do Día Mundial do Corazón, un día, asegurou Piñeiro «no que se trata de sensibilizar á poboación sobre a problemática cardiovascular, unha problemática que causa a morte de case trece millóns de persoas ao ano no mundo e dunhas 123.000 en España».

O presidente de Amicor incidiu en que «o 80% destas mortes poden evitarse se se adoptan medidas de prevención cardiovascular, como evitar o sedentarismo e a hipertensión, coidar a alimentación…». En relación á actual situación sanitaria Piñeiro incidiu en que os enfermos cardiovasculares son dos colectivos máis vulnerables á Covid-19 polo que calquera medida preventiva é máis necesaria ca nunca para eles.

O edil de Sanidade destacou a importancia de colaborar con entidades como Amicor para dar visibilidade á actual situación é á importancia de concienciar á cidadanía sobre a importancia de manter hábitos de vida saudables.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.