Narón invertirá 15.000 euros na Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol

Esta mañá a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a patroa maior da entidade, María Isabel Maroño, firmaron o convenio que intentará apoiar un sector tan castigado na comarca
79763049_1297889063732570_1769428613582553088_o

O Concello de Narón invertirá unha partida de 15.000 euros á Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol despois do acordo enrtre a patroa maior da entidade, María Isabel Maroño, e a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro. Así, a administración local contribuirá aos gastos de funcionamento da citada entidade, apoiando o desenvolvemento sostible da súa actividade.

A Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol adquire en virtude a este convenio unha serie de compromisos co Concello de Narón. Dese xeito, ofrecerá funcións propias como órgano de consulta e colaboración coa administración e tamén defenderá os intereses profesionais do colectivo, a maiores de desenvolver funcións que lle poida ocasionar en determinado momento a administración pública.

Ferreiro destacou que se trata dunha actividade de interese público que engloba a unhas oitocentas familias e que a través da aportación municipal «cooperarase para o mantemento dos postos de traballo neste sector moi castigado na comarca, mantendo unhas vías de colaboración que dende o goberno local xa tiñamos co colectivo, que desempeña unha encomiable tarefa vencellada ás actividades produtivas da nosa ría».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.