Narón licita as obras para a construcción do novo vial que conducirá ao futuro centro de saúde do Alto

As empresas interesadas para presentar as súas ofertas terán ata o 14 de setembro para participar nun proxecto cunha inversión de máis de 570.000 euros
Camiño do Lodairo

O Concello de Narón licita en 574.056 euros o proxecto de acondicionamento exterior do ámbito do Plan Especial de Dotacións en Freixeiro, con cargo ao que se acometerá o vial de acceso ao novo centro de saúde. Toda a información necesaria está publicada na Sede Electrónica do Concello e as empresas interesadas en presentar as súas ofertas a esta actuación poden facelo ata o vindeiro 14 de setembro ás 23.59 horas.

Ao novo centro de saúde do Alto, actualmente en construcción, accédese a través do Camiño do Lodairo, un vial secundario perpendicular á estrada de Castela e que se urbanizará e dotará de servizos con cargo a esta intervención. O proxecto implica a construción dunha rotonda na propia estrada de Castela para facilitar as conexións ao novo centro de saúde e tamén os accesos ao Camiño do Lodairo en calquera dirección.

O vial terá dous carrís de tres metros de ancho e dous estacionamentos en batería e as beirarrúas que discurrirán polo tramo terán un ancho variable en función da zona, para adaptarse á configuración da actuación. En ambos marxes do Camiño do Lodairo, dende uns metros máis adiante da rotonda ata as inmediacións do centro de saúde, habilitaranse máis de medio cento de prazas de estacionamento en batería, algunhas delas, as máis próximas ás novas instalacións sanitarias, reservadas para persoas con mobilidade reducida.

O proxecto inclúe a maiores a dotación de todos os servizos necesarios: abastecemento, saneamento, telecomunicacións, recollida de pluviais, canalización eléctrica e de gas, instalación dunha rede de rego e alumeado.

Unha vez adxudicados os traballos, a empresa que resulte adxudicataria dos mesmos deberá materializar o proxecto nun prazo de catro meses. O Concello naronés desembolsou 1,4 millóns de euros, cedeu a parcela na que se constrúe a edificación e tamén sufragará os gastos derivados do acondicionamento e dotación de servizo do vial de acceso ao centro con este proxecto actualmente en licitación.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.