Narón mostra o seu apoio aos traballadores de Siemenes Gamesa

O goberno local levará ao próximo pleno unha declaración institucional tras a reunión mantida cos representantes do comité da empresa somocense
Reunión Siemens Gamesa

O pasado venres o Concello de Narón acolleu unha reunión presidida pola propia alcaldesa, Marián Ferreiro, con representantes do comité de empresa da somocense Siemens Gamesa. Á convocatoria acudiron representantes de todos os grupos políticos da corporación local que no transcurso da mesma escoitaron as reivindicacións do colectivo.

O presidente do comité de empresa de Siemens Gamesa en As Somozas, Sergio López, trasladou aos representantes da corporación local a súa preocupación polo incerto futuro da planta das Somozas, cuxos  300 traballadores só contan con carga de traballo ata finais de ano

Deslocalización cara Portugal

A compra por parte de Siemens Gamesa dunha nova planta en Portugal -onde se están realizando novos modelos de palas para aeroxeradores tras grandes inversións-, alerta ao comité sobre unha posible deslocalización da compañía ao país luso, polo que, » de non realizarse investimentose na planta das Somozas, esta quedará obsoleta», asegurou Sergio López.

Dende o comité lamentaron «a falta de vontade da empresa para dialogar sobre esta situación e tratar de garantir o futuro desta planta» e acusaron á empresa de «non estar poñendo nada da súa parte para atender as necesidades da compañía e garantir o seu futuro nas Somozas».

A corporación local trasladoulles o seu apoio ao colectivo e anunciou, tras así acordalo co resto de grupos, que levarán unha declaración institucional ao pleno do vindeiro xoves, día 24, para amosar o seu apoio ás reivindicacións do colectivo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.