Narón organiza dous obradoiros de cociña dirixidos aos profesionais do sector hostaleiro

"Elaboración de tapas" e "Cociña saudable" son os dous talleres que impartirán os expertos Lucía Freitas e Moisés Rodríguez, cuxa inscripción para ambos cursos ábrese hoxe
person-food-chef-restaurant-worker-cook

Narón organiza dous obradoiros dirixidos a profesionais do sector hostaleiro da cidade que impartirán dous recoñecidos cociñeiros galegos, Lucía Freitas e Moisés Rodríguez. Así o indicou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, que anunciou que os representantes do sector hostaleiro naronés que se queiran inscribir poderán facelo a partir de hoxe luns 17 de agosto  a través da dirección: www.eventi.es/blog, donde terán dispoñible o formulario para cumprimentar os datos precisos. Os obradoiros son de balde e haberá un total de quince prazas para cada un deles, que se concederán por orde de inscrición.

O obradoiro sobre «Elaboración de tapas» a cargo de Lucía Freitas terá lugar o día 24 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e o de “Cociña saudable”, a cargo de Moisés Rodríguez, será o 31 deste mesmo mes en horario de 16.00 a 19.00 horas. Os asistentes estarán obrigados a utilizar máscara e disporán de dispensadores de xel hidroalcohólico, debendo cumprir todas as recomendacións sanitarias de prevención da Covid-19.

Dous grandes profesionais da gastronomía

Lucía Freitas, cunha dilatada formación dende moza no mundo da cociña, traballou con grandes profesionais como Jordi Butrón, Ramón Morató, Jordi Roca, do Celler de Can Roca, Pepe Rodríguez, de Bohío, entre outros, ata que abriu o seu propio restaurante, A Tafona, en Santiago de Compostela para posteriormente abrir en Nueva York o restaurante «Tomiño», internacionalizando a cociña galega e outro establecemento, “Lume”, tamén en Compostela.

O adestrador personal Moisés Rodríguez tamén se formou con varios profesionais e na actualidade combina a súa faceta de adestrador coa ensinanza da cociña saudable. Presenta na TVG o programa «Estache bó!» e traballa dende «El Taller», en Ourense, coa súa moza Adriana, Nutritional Coaching.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.