Narón prepara para o vindeiro xoves un curso formativo de «Produción ecolóxica e comercialización»

Este programa de 15 prazas impartirase previsiblemente do 3 de setembro ao 26 de novembro nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz
pexels-photo-169523

Esta mañá o concello de Narón anunciou a apertura do prazo de inscrición o vindeiro xoves, día 20, nun curso de «Produción ecolóxica e comercialización», do Programa municipal de Formación. Esta acción formativa conta cun total de 15 prazas e impartirase previsiblemente do 3 de setembro ao 26 de novembro nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara e nas instalacións e fincas que se determinen para levar a cabo as prácticas.

O curso se dirixe a persoas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos, desempregadas e que non teñan concedido outro curso do Programa municipal de Formación coincidente temporalmente na realización.

Detalles do programa formativo

O curso terá unha duración de 295 horas e o alumnado recibirá formación sobre: Explotacións ecolóxicas, Aproveitamento de recursos e manexo do chan ecolóxico, Labores culturais e recolección de cultivos ecolóxicos, Identificación das diferentes canles de comercialización, Realizar a venda de produtos e/ou servizos ecolóxicos…

Así mesmo, entre as materias tamén se contemplan módulos transversais sobre a perspectiva de xénero, a Orientación laboral e busca de emprego, as Novas tecnoloxías aplicadas á acción formativa, o Emprendemento, a Sensibilización medioambiental e dúas charlas con profesionais do sector e expertos en selección de persoal.

As clases impartiranse entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, tanto na aula como a parte práctica nas fincas. Por outra banda, as solicitudes de inscrición se poden presentar dende este xoves ás 8.30 horas ata o 27 de agosto ás 13.00 horas no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse á páxina web do Concello de Narón, no enlace: http://www.naron.es/web/docs/curso_producion_ecoloxica.pdf ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 -extensións 1108 e 1109-.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.