Os edís de Sanidade, Santiago Galego, e Promoción Económica, David Pita, recibiron onte no Concello de mans da subdelegada do Goberno en Galicia, Pilar López-Rioboo, 10.000 máscaras que se repartirán preferentemente entre os centros de ensino da cidade e colectivos vulnerables.
A doazón realizouse en virtude dunha campaña de entrega de material impulsada polo Goberno central a través da Federación Española de Municipios e Provincias -FEMP- coincidindo co inicio do curso escolar. Os edís naroneses valoraron a doazón realizada e o feito de que a través da mesma se faciliten medios de protección fronte á Covid-19 a colectivos vulnerables.