Narón retomará as actividades dirixidas ás persoas maiores nos Centros Comunitarios das Vivendas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiro

As sesións retomaranse dun xeito paulatino e comunicarase o seu inicio por vía telefónica, á par que se incrementarán as medidas de protección fronta á Covid-19
wpid-20141014_105953

Narón retomará o vindeiro mes de outubro as actividades dirixidas a persoas maiores nos Centros Comunitarios das Vivendas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiro.

Así o indicou a concelleira de Benestar Social, Catalina García, que explicou que as sesións retomaranse dun xeito paulatino, informando ás persoas que están anotadas nas actividades por vía telefónica para indicarlles o día e a hora que lles corresponde.

Blindaxe da seguridade pola Covid-19

A situación actual derivada da crise sanitaria da COVID 19 trouxo consigo cambios nos programas e servizos municipais, entre eles o programa de Envellecemento Activo para a tempada 2020-2021 que tivo que adaptarse a esta nova realidade.

«Queremos garantir en todo momento a seguridade das persoas e que poidan participar nas actividades con todas as medidas de protección fronte á COVID 19”, indicou a edil. Por outra banda, a edil apuntou que por esta mesma razón se programou o inicio nos dous centros municipais “e paulatinamente impartiranse tamén esas actividades para maiores nos Centros Cívicos Sociais da zona urbana e rural”.

A concelleira de Benestar Social solicitou de antemán desculpas ás persoas que participan nas actividades de maiores polas molestias que poida ocasionar o feito desta incorporación gradual e cambios en datas e horarios con respecto a anos anteriores.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.