Narón tramitou preto dun millar de documentos grazas ao Sistema de Interconexión de Rexistros

Esta modalidade permitiu que un total de 859 persosas puideran realizar as pertinentes tramitacións que pertencían a diferentes administracións públicas
Rexistro Concello

O Concello de Narón tramitou nos tres últimos meses a través do Rexistro municipal un total de 859 documentos co Sistema de Interconexión de Rexistros -SIR-. Esta modalidade permite o intercambio de asentos electrónicos de rexistros entre as diferentes administracións públicas e, no caso de Narón, a alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que da totalidade dos documentos, 38 dirixíronse ao Goberno central, 699 á Xunta de Galicia e os 122 restantes a outros concellos.

A pesar do estado de alarma vivido en todas as localidade de España, o Rexistro do Concello de Narón continuouse realizando con quendas no persoal do servizo, realizando maioritariamente trámites telemáticos de documentos e certificados de empadroamento que se enviaban aos solicitantes a través do correo electrónico.

«En canto foi posible pola situación sanitaria, implantouse un servizo de cita previa para atención presencial con aforo limitado en todos os departamentos municipais, operativo dende o pasado 9 de maio a través dunha liña de teléfono habilitada específicamente para este fin», indicou a alcaldesa do municipio. Marián Ferreiro.

Posteriormente, en concreto o pasado de 21 de xullo, hai un mes, o Concello retomou a atención presencial sen cita previa, atendendo a un protocolo establecido previamente que inclúe control de acceso facilitando datos persoais e aforo limitado.

«O feito de que moitos concellos da zona e administracións como a Xunta de Galicia continúen traballando cun sistema de cita previa que, en moitos casos, se asigna ás persoas que o solicitan para varios días ou incluso semanas despois da petición, fai que moitas persoas se vexan obrigadas a desprazarse a Narón para poder recibir ese servizo que en moitas ocasións depende duns prazos que non se poden retrasar», recalcou a alcaldesa.

“Incluso varias administracións como a Xunta ou o Concello de Ferrol, en certos casos recomendan telefónicamente a algunhas persoas que para axilizar o rexistro de documentos a través do Sistema de Interconexión de Rexistros se despracen a Narón, donde non hai que solicitar actualmente cita previa”, subliñou Ferreiro.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.