Narón volve a colaborar coas entidades sociais Patronato Concepción Arenal e o ASCM

Esta colaboración entre ambas entidades leva realizándose nos últimos anos, e neste novo exercicio achegaráselles un importe conxunto de 19.000 euros
27021882_1750049051969494_721067650579160684_o

O Concello de Narón ven de asinar os convenios de colaboración coa Asociación Patronato Concepción Arenal, presidida por Beatriz Dorrio e a Asociación Sociocultural ASCM, con Paula Gárate na presidencia. A contía que o goberno local destinará a ambos acordos ascende a 19.000 euros, tal e como explicou a rexedora local, Marián Ferreiro.

Asociación Patronato Concepción Aronal

En canto ao Patronato Concepción Arenal, Ferreiro indicou que é unha entidade sen ánimo de lucro que leva a cabo numerosos programas e actividades de interese social, de saúde e comunitario. Dende a administración local quixeron ensalzar a traxectoria desta entidade e o tempo que de colaboración que garante a súa continuidade nos plans que ten deseñados a área de Acción Social.

Asociación Sociocultural ASCM

Así mesmo a alcaldesa recalcou o labor que dende hai varios anos se desenvolve no Consistorio para traballar con persoas afectadas de diversidade funcional e a atención que se presta ao colectivo a nivel comarcal dende a Asociación Sociocultural ASCM, tamén unha entidade sen ánimo de lucro. «Temos que continuar traballando para avanzar na plena integración das persoas con diversidade funcional, seguir ofrecéndolles os servizos que precisen en áreas como formación, asesoramento, transporte adaptado, lecer….», asegurou.

A alcadesa subliñou que dende o goberno local continuarase prestando apoio ao traballo que realizan entidades como o Patronato Concepción Arenal e a Asociación Sociocultural ASCM, xa que «consideramos que é fundamental para moitas veciñas e veciños da cidade e da comarca e, como tal, contará co noso respaldo».

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.