1.400 escolares participaron en Narón na vixésimo segunda edición do Correlingua

O obxectivo desta actividade é sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua
Estivo presente o alumnado dos CEIP Ponte de Xuvia e Virxe do Mar, de Narón, e do Isaac Peral de Ferrol, do CRA de Narón, dos CEIP Piñeiros, A Solaina de Narón e tamén do Terra de Ferrol e A Laxe, de Ferrol e dos CEIP San Isidro e Maciñeira, de Neda
Estivo presente o alumnado dos CEIP Ponte de Xuvia e Virxe do Mar, de Narón, e do Isaac Peral de Ferrol, do CRA de Narón, dos CEIP Piñeiros, A Solaina de Narón e tamén do Terra de Ferrol e A Laxe, de Ferrol e dos CEIP San Isidro e Maciñeira, de Neda

O Pazo da Cultura de Narón acolleu hoxe a vixésimo segunda edición do Correlingua, unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e a infancia e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva o uso do idioma.

Esta actividade está impulsada pola CIG Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, ademais de administracións públicas, entre elas o Concello de Narón. A convocatoria retomou este ano a modalidade presencial, tralas últimas dúas citas marcadas pola situación sanitaria derivada da pandemia.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, estivo presente no acto, que se dividiu en dúas quendas e ao que acudiron preto de 1.400 escolares de centros de ensino maioritariamente de Narón pero tamén de Ferrol e Neda, acompañados de persoal docente e representantes da organización.

O lema elixido para a actual edición desta convocatoria foi “Fálame!” e desenvolveuse en dúas quendas, unha de 10.00 a 11.00, á que acudiu alumnado dos CEIP Ponte de Xuvia e Virxe do Mar, de Narón, e do Isaac Peral de Ferrol. Na segunda quenda, de 11.45 a 13.00 horas, estivo presente alumnado do CRA de Narón (Domirón, Sedes e O Val), dos CEIP Piñeiros, A Solaina de Narón e tamén do Terra de Ferrol e A Laxe, de Ferrol e dos CEIP San Isidro e Maciñeira, de Neda.

A actriz galega Isabel Risco foi a encargada de presentar o acto e de ler o manifesto deste ano, para a continuación comezar a actuación musical de Paco Nogueiras. O mesmo programa repetiuse nas dúas quendas, nas que a alcaldesa da cidade se dirixiu aos asistentes para agradecerlles a súa implicación e colaboración e incidir na importancia de “conservar a nosa lingua, que é parte do noso patrimonio e que debemos usar para garantir o seu futuro”.

Ferreiro agradeceu o traballo da presentadora do evento e tamén felicitou a Paco Nogueiras polo seu espetáculo, ao tempo que destacou o traballo de CIG Ensino, A Mesa e AS-PG á fronte da organización. “É un pracer poder colaborar dende o Concello nun evento destas características, sobre un tema co que temos un gran compromiso nesta cidade”, recalcou a rexedora local, que emprazou ao público á vindeira edición deste evento.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.