A alcaldesa de Narón urxe á Xunta a colocación dos xogos infantís da Escola do Val

A instalación destes elementos estaba contemplada no proxecto que presentou o Concello, explicou Marián Ferreiro
Xogos Escola do Val

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, dirixiu un escrito esta mañá ao responsable da Xefatura territorial de Educación na Coruña, Indalecio Cabana, solicitando a súa intervención para rematar definitivamente a obra que a administración autonómica impulsou na Escola do Val, do CRA de Narón.

A Xunta presentou no Concello un proxecto que incluía “o traslado do conxunto de xogos infantís, composto por columpios, xogos de muelle, tobogáns e unha cerca de madeira, incluíndo ese proxecto a colocación de todos estes elementos nunha nova ubicación, que así se orzamentou no proxecto presentado no departamento municipal de Urbanismo”, tal e como recordou  Ferreiro.

A rexedora local xa advertiu no pleno do pasado mes de setembro que os traballos non están rematados, á vista de que non se colocaron os xogos do parque infantil da Escola do Val, que continúan apilados nunha zona do recinto escolar.

“Ao feito de incumprir o especificado no seu propio proxecto isto supón un grave risco para as nenas e nenos que acuden a ese centro unha vez iniciadas as clases, porque poden sufrir danos se se achegan á zona na que está apilado o material, e tamén lles impide desfrutar dunha serie de xogos cos que contaban antes de executar a Xunta os citados traballos”.

Ferreiro incidiu na importancia de acometer canto antes os traballos pendientes “debido a que na actualidade as clases xa comezaron e as aulas están operativas, polo que é preciso que o alumnado poida tamén facer uso da zona de xogos, tal e como viña facendo no curso anterior”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.