A ‘II BTT Resistencia Cidade de Narón’ chega a Pedroso o vindeiro 15 de xaneiro

Por primeira vez incluirase na Copa Galicia, formando parte das cinco puntuables que se sucederán en 2023
Arquivo - Proba de resistencia en Galicia
Arquivo - Proba de resistencia en Galicia

Narón acollerá a “II BTT Resistencia Cidade de Narón» o vindeiro 15 de xaneiro e, por primeira vez, incluirase na Copa Galicia, formando parte das cinco puntuables que se sucederán en 2023 na comunidade autónoma. A “II BTT Resistencia Cidade de Narón” levarase a cabo en Pedroso, nun circuíto circular de oito quilómetros con saída e meta na pista polideportiva da citada parroquia. Disputaranse, tal e como indicou José Luis Fernández, vogal do Club Ciclista Narón, as categorías de cicloturismo, élite, élite feminino, junior, junior feminino, master 30, 40, 50 e 60, tamén masculino e feminino, parellas masculino e feminino, parellas mixtas, sub 23 e sub 23 feminino.

“É unha disciplina que existe por segundo ano en Galicia a nivel federado e na que o ano pasado participaron de media unhas 300 persoas, polo que estamos moi ilusionados dende a Federación Galega e moi agradecidos polo apoio do Concello de Narón ao ciclismo”, destacou Fernández.  Os representantes do Club Ciclista Narón, que tamén destacaron a aposta da Federación Galega e do Concello como organizador, avanzaron que se trata de realizar un percorrido pola parroquia de Pedroso de tres horas que gañarán aqueles que dean  máis voltas nese tempo —unha hora e media nas categorías inferiores—. Así mesmo, avanzaron que os dous campións galegos do pasado ano, de élite e master 40, ambos do club local, participarán nesta convocatoria.

Finalmente, o concelleiro de Deportes, José Oreona, agradeceu a implicación da Federación Galega de Ciclismo “por apostar por Narón e incluír este evento no seu calendario”, ao tempo que animou ás persoas interesadas a inscribirse na proba, a partir do vindeiro 21 de decembro a través da web https://fgalegaciclismo.es.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.