A piscina da Gándara reabre ao público para nado libre con cita previa

Os tempos de uso reducíronse a 40 minutos por baño para evitar aglomeracións
Reapertura piscina Gándara

A piscina municipal da Gándara reabriu a primeira hora da mañá ao público para aquelas persoas que solicitaron cita previa, modalidade a través da que dende hoxe se poden utilizar as citadas instalacións. Os interesados en facer uso das instalacións poden realizar reservas –dun día para outro e máximo dúas por persoa e semana- chamando aos teléfonos 981 337 700 (extensión 2503) ou 981 111 025 (extensión 7) de luns a venres, entre as 08.30 e as 13.30.

As instalacións están operativas para o baño libre de luns a sábado en horario de mañá, de 07.45 a 08.25; de 09.00 a 09.40; de 1015 a 10.55; de 11.30 a 12.10 e de 12.45 a 13.30 e de luns a venres de 16.00 a 16.40 en horario de tarde, reservándose o resto de horarios do serán para o adestramento de entidades deportivas.

“Os turnos que se estableceron para o nado libre reducíronse como consecuencia da Covid-19, polo que en lugar de 45 minutos como era habitual son de 40 minutos, co fin de que as usuarias e usuarios non se concentren nas instalacións”, explicou a alcaldesa Marián Ferreiro. Así mesmo, para cumprir as recomendacións en materia de hixiene, despois de cada un dos turnos entra un equipo de limpeza para garantir as medidas sanitarias decretadas polas autoridades e pertinentes para este tipo de instalacións e servizos.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.