A Xunta construirá unha nova conexión co polígono empresarial Río do Pozo e unha glorieta na AC-116

O proxecto permitirá racionalizar o acceso desde a vía autonómica ao polígono empresarial, dando unha alternativa ao tránsito pola estrada provincial DP-5408
f6f3a23bacbf2a37328a01bd3e95ccdb

A Consellería de Infraestruturas e Movilidad acaba de adxudicar a redacción do proxecto de execución dunha glorieta na estrada autonómica AC-116 e dunha nova conexión co polígono empresarial Río do Pozo, no concello de Narón. Este contrato foi adxudicado á empresa Ingenia, actividades de enxeñería e obra civil, S.L.U., por un importe de máis de 18.000 euros. O prazo de execución dos traballos é de 6 meses.

O proxecto ten como obxectivo a mellora da seguridade viaria e da funcionalidade deste treito da AC-116, á vez que permitirá racionalizar o acceso desde a vía autonómica ao polígono empresarial, dando unha alternativa ao tránsito pola estrada provincial DP-5408, con numerosas vivendas.

A actuación para deseñar consiste na execución dunha glorieta no punto quilométrico 4 da AC-116, na súa intersección coa estrada provincial, que dá acceso, entre outros, ao polígono industrial Río do Pozo desde a estrada autonómica.

Proxectaranse tamén os 180 metros de vía de conexión co polígono empresarial, que comunicarán a estrada AC-116 coa autovía Ferrol-Vilalba a través do polígono Río do Pozo, mediante unha sección de estrada convencional.

Trátase de dar continuidade á vía, parcialmente executada a data de hoxe, de saída do polígono Río do Pozo-Sector IV, no seu vértice noroeste ata a conexión coa AC-116. Este treito está previsto no Plan Sectorial da Rede Viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas. No proxecto avaliarase a posibilidade da execución dunha glorieta tamén nesta última conexión.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.