Aberta a inscrición para a segunda edición das “21 Leguas de Narón”

O custe da inscrición é de 70 euros no caso de tramitala ata o 31 de maio e de 80 euros ata o 25 de xullo, data na que se pechará o prazo
O trazado discurrirá polos termos municipais de Narón, Ferrol e Valdoviño
O trazado discurrirá polos termos municipais de Narón, Ferrol e Valdoviño

As persoas que desexen participar no evento deportivo “21 Leguas de Narón” poderán inscribirse a partir de hoxe ás 21.00 horas a través  da páxina web: www.emesport.es e en 21Leguas.es. O Concello de Narón organiza un ano máis esta convocatoria, que consistirá nun percorrido de 101 quilómetros que se poderá realizar camiñando, correndo ou en bicicleta de montaña e cuxo trazado discurrirá polos termos municipais de Narón, Ferrol e Valdoviño. O Club Deportivo 21Leguas colabora novamente este ano co Concello na organización deste evento.

O concelleiro de Deportes, José Oreona, explicou que actualmente se está ultimando os diferentes tramos polos que discurrirá esta proba deportiva, que terá tamén este ano a saída e a meta no paseo marítimo de Xuvia. As modalidades nas que se poderá participar son as de E-Bike, Marcha por equipos (4 persoas), Marcha individual, MTB equipos (3 participantes en equipo), MTB individual e MTB parellas (masculina, feminina e mixta). O custe da inscrición é de 70 euros no caso de tramitala ata o 31 de maio e de 80 euros ata o 25 de xullo, data na que se pechará o prazo.

As 21 Leguas é unha proba de superación persoal que ofrecerá aos participantes a posibilidade de coñecer tamén o patrimonio histórico, cultural e natural da comarca. A maiores dos consistorios polos que discurrirá o trazado, tamén colaborarán a Armada, a Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e a Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.