Aberto o prazo de inscrición para as clases de música moderna de Narón

Terán un custe de 8,15 euros euros ao mes por persoa e está dirixido a todos aqueles veciños de entre 12 e 30 anos
what-qualities-do-you-look-for-in-a-private-music-teacher

A Concellería de Mocidade de Narón abre desde hoxe día 16 de outubro o periodo de inscripción para asistir ás clases da Escola de Música Moderna, situada na Casa da Mocidade, en A Gándara, para o curso 2020-2021. As persoas interesadas poden apuntarse –ata esgotar prazas- no Rexistro, situado na pranta baixa do Concello. Durante este curso impartiranse clases de guitarra, batería e piano para mocidade de entre 12 e 30 anos.

O Concello tamén ofrece Aulas de Ensaio para os grupos de música. Para solicitar ditas aulas, como mínimo un dos integrantes do grupo deberá ser de Narón e os ensaios estarán operativos de luns a sábado, un máximo de 3 horas á semana por grupo.

As clases de guitarra ofrecen un total de doce prazas, 4 prazas por grupo e se corresponden con niveis de iniciación (grupos I y II) e perfeccionamento ( grupo III). Un grupo de iniciación asistirá os luns e mércores de 16:00 a 17:00 horas e outro os luns e mércores de 17:30 a 18:30 horas. O grupo de perfeccionamento de guitarra levarase a cabo os martes de 19:00 a 21:00 horas.

Nas clases de batería hai oito prazas dispoñibles, as sesións para o grupo de iniciación serán os luns e xoves de 20:30-21:30 horas e para o grupo de perfeccionamento os venres de 16:00 a 18:00 horas. As clases de piano, tamén con oito prazas, terán un horario para iniciación os martes de 16:00 a 18.00 horas e un horario para perfeccionamento de piano os xoves de 16:00 a 18:00 horas.

Todas as clases desenvolveranse na Casa da Mocidade e terán un coste de 8,15 euros ao mes por persoa, darán comezo no mes de novembro e rematarán no mes de maio, no caso dos instrumentos, e no mes de xullo no caso das aulas de ensaio. Todas as actividades gardarán as medidas hixiénico-sanitarias de prevención do COVID-19 e contarán cun protocolo de seguridade.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.