Aparatoso accidente dun turismo que impactou contra a parte traseira dun camión

Sucedeu nunha rúa do polígono de Río do Pozo e a conductora non resultou ferida grazas aos airbags
Accidente Río do Pozo

O servizos de emerxencia de Narón atenderon a pasada noite un aparatoso accidente na avenida Gonzalo Navarro, no polígono industrial de Río do Pozo, rexistrado ás 00.45 horas.

Un turismo impactou frontolateralmente contra a esquina traseira da gabarra dun vehículo articulado que se atopaba estacionada nesta vía. O vehículo rexistrou unha torsión de 90 graos sobre o lado dianteiro, xerando un importante deterioro na estrutura do coche e provocando a activación dos airbags laterais e frontais, que protexeron á conductora, unha muller de mediana idade.

Unha vez no punto os profesionais do Speis estabilizaron o vehículo, desenerxízano e controlan os líquidos inflamables para a continuación, unha vez retirado, proceder a limpar a vía. O servizo rematou ás 01.30 horas e colaborou no mesmo a Policía Local de Narón.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.