As escolas infatís de Narón verán reforzados os servizos de apoio, limpeza e cociña con preto de 95.000 euros

O goberno local decidiu ampliar o contrato en vigor para atender as necesidades xeradas pola pandemia da Covid-19
2_EIM_pinneiros

O goberno local de Narón reforzará con 94.600 euros o servizo de xestión das tres escolas infantís municipais. Esta partida súmase aos 520.000 euros que o Concello destina ao contrato de xestión dos tres centros, e que se ampliou con motivo da actual situación sanitaria “para reforzar o persoal de apoio, de limpeza e de cociña”, tal e como explicou al alcaldesa Marián Ferreiro.

“En conxunto, con cargo a esa achega económica, sufragaranse os gastos das horas que se realizarán a maiores nestas tres áreas das escolas infantís municipais, incrementando as xornadas do persoal en case 800 horas ao mes ata agosto do vindeiro ano, cando expira o contrato”, indicou a rexedora local.

A partida de 94.600 euros permitirá incrementar os horarios de limpeza e persoal de educadoras de apoio nos tres centros, e tamén o persoal de cociña das escolas infantís municipais de Piñeiros e A Gándara, debido a que na Solaina co horario actual do servizo pódese atender a demanda do mesmo.

Ferreiro incidiu ademais en que “esta medida lévase a cabo co fin de cubrir unha serie de necesidades detectadas no servizo debido á situación sanitaria, ampliando o contrato en vigor para atender as necesidades xeradas pola pandemia da Covid-19 e ofrecer unha atención óptima ás familias usuarias deste servizo”.

A rexedora local explicou que dende o goberno local “entendemos a necesidade de máis persoal nestes centros, por ter outras funcións a maiores derivadas da situación sanitaria como é no caso das educadoras de apoio, de maior desinfección debido á prevención da Covid-19 e tamén nos comedores máis horarios de servizo ao ter que comer por quendas os menores”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.