As pequenas empresas, microempresas e autónomos de Narón poderán solicitar a partir do mes de maio as axudas habilitadas polo Concello para paliar os efectos povocados pola crise do coronavirus e as medidas derivadas do estado de alarma. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que poderán acollerse empresas e autónomos que puidesen acreditar que viron reducida a súa facturación polo menos nun 75% ou direcamente tiveron que paralizar a súa actividade dende que se acreditou o estado de alarma pola Covid-19.
“Se esperamos ao día 30 de abril para que as empresas acrediten algunha desas dúas situacións poderán solicitalas máis persoas, xa que o tempo transcorrido será maior para poder xustificar nas contas da empresa esa baixada de facturación. Unha vez con esa acreditación, deberán solicitar á mutua un certificado que terán que entregar, a modo xustificativo, para poder recibilas.
O goberno naronés está estudando a viabilidade de prorrogar a contía estimada inicialmente para esta liña de subvencións, que serán de 2.000, 3.000 ou 4.000 euros, en función da empresa, “para que ninguén quede fóra delas por falta de fondos”, avanzou Ferreiro. A maiores, podería habilitarse unha segunda convocatoria por se nalgún caso non se puidese acreditar a xustificación para recibilas no tempo establecido inicialmente.
Discussion about this post