Ataques á furgoneta e aos valos electorais do PSOE de Narón

O vehículo de campaña apareceu pinchado e varios carteis desapareceron en Freixeiro e Río do Pozo
La furgoneta electoral apareció este viernes con las ruedas pinchadas
La furgoneta electoral apareció este viernes con las ruedas pinchadas

Jorge Ulla, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Narón, denuncia unha serie de actos vandálicos contra os seus elementos da campaña electoral. Concretamente, o candidato socialista denuncia “o pinchazo das rodas da furgoneta de campaña, co que anunciamos por megafonía os eventos e que está rotulado coa imaxe de campaña”. “A iso súmanse o roubo de tres pancartas colocadas na rotonda da avenida da Solaina, na rotonda da entrada á autopista xunto ao polígono de Río do Pozo e na rotonda de Freixeiro. Desapareceron as tres nestes últimos días”, engade o socialista.

“Ademais, nas zonas habilitadas para a pegada de carteis, estanse a pegar sobre os carteis do PSdeG, carteis doutras formacións políticas”, puntualiza Ulla, quen lamenta “este desvío da campaña electoral en Narón, onde non se recordan este tipo de actos vandálicos, que afectan á calidade democrática do proceso electoral”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.