Case 150 tendas e comercios continúan funcionando en Narón

O Concello vén de publicar unha listaxe cos nomes dos establecementos e os horarios para facilitarlles a información ao veciños

O Concello de Narón elaborou varias listaxes de establecementos que, durante o estado de alarma, continúan operativos, ofrecendo os seus servizos á veciñanza. A alcaldesa, Marián Ferreiro, informou que as listaxes se poden consultar tanto desde o Facebook do Concello  como desde a páxina web de Narón (www.naron.es), onde permanecen publicados.

“Trátase dunha iniciativa coa que tratamos de facilitar ás nosas veciñas e veciños o labor de saber en caso de necesidade a que establecementos poden ir nestas datas e tamén informalos dos teléfonos por requírense cita previa e dos horarios, xa que en moitos casos reducíronse para evitar a propagación da crise do coronavirus”. En total, recompiláronse 144 establecementos correspondentes ás áreas de alimentación, farmacias, ópticas, parafarmacias, ortopedias, comida a domicilio, informática, quioscos e librerías, talleres, clínicas veterinarias, estacións de servizo, lavanderías e cerrajerías.

No sector da alimentación figuran un total de cincuenta establecementos, localizados por diferentes puntos do termo municipal. A estes súmanse tamén doce farmacias, cinco ópticas, tres parafarmacias, dous ortopedias, nove establecementos de comida a domicilio, outros nove de informática, dez quioscos e librerías, tres clínicas veterinarias, un establecemento de aseo de animais, dúas lavanderías, unha cerrajería, vinte e seis talleres e once estaciones de servizo. A listaxe completarase nos próximos días cos estancos e entidades bancarias da cidade que permanecen abertos, así como o servizo de taxis, tal e como avanzou Ferreiro.

A alcaldesa agradeceu a colaboración e boa disposición dos propietarios e propietarias dos diferentes establecementos, á hora de poñer en marcha esta iniciativa. “Esta é unha ferramenta máis que poñemos ao dispor das nosas veciñas e veciños e moi útil á hora de consultar onde podemos dirixirnos estes días no caso de que necesitemos algún destes servizos”, explicou Ferreiro, que agradeceu o labor que estes días desenvolven tamén “os propietarios e propietarias, así como o persoal de todos estes locais na nosa cidade”.

Salir de la versión móvil